venres, 20 de marzo de 2020

RETO 3


Ola rapaces e rapazas,

Xa vexo que o número de visitantes do blogue vai aumentando, que ben!, moitas gracias polo voso interese. Espero ademais que esteades facendo os retos e o pasedes moi moi ben xogando.

Hoxe imos practicar un xogo tradicional, a mariola, igual o nome non vos sona pero cando vexades o vídeo de seguro sabedes cal é e as vosas familias tamén, que é un xogo ao que eles tamén xogaban. 

Ocórreseme unha gran idea, retadeos a xogar con vós e a ver quén é o máis hábil.

Ahí vai o meu video!! 



4 comentarios:

  1. Hola profe Lucía!
    Gracias por estés vídeos tan divertidos, éste finde prácticaremolos.
    Si o tempo nos acompaña, pois na casa non temos sitió, é pequena.
    Un saudo é abrazo de Javi e Nati
    Seguiremos en contacto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Javi e Nati!
      Moitas gracias polo voso comentario, púxenme moi contenta ó saber de vós. Alégrome que vos gustaran os vídeos e ojalá veña bo tempo para que poidades facer algún fóra. E por suposto que toda esta situación cambie e poidamos vernos pronto.
      Moitos biquiños!

      Eliminar
  2. Hola profe Lucía son Triana e vototr de menos teño ganas que remate isto para podernos ver . Voto de menos os xogos de Educacion física 😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Triana!! eu tamén vos boto de menos, gústame xogar con vós e ensinarvos xogos novos.
      Mentres tanto vou subindo cousiñas por aquí para que fagades e o pasedes ben e de paso rides un pouco que sei que vos encanta verme facendo os circuítos jeje.
      Xa verás como prontiño volvemos ó cole para facer xogos outra vez todos xuntos.
      Biquiños!

      Eliminar