mércores, 18 de marzo de 2020

LANZAMENTO DUN RETO

Boas tardes rapaces e rapazas,

Espero que esteades levando estes días o mellor posible e por suposto que esteades facendo algo de exercicio físico xa que é fundamental para manter a nosa saúde física e mental.

Para motivarvos un pouquiño nesa práctica deportiva cada día lanzarei un reto, uns serán no interior e outros no exterior para que así todos teñades a posibilidade de realizalos.

Animádesvos a facer EF conmigo dende as vosas casas?

Aquí vai o primeiro reto:

Consiste nun pequeno circuíto parecido ao que facemos no cole pero en vez de empregar picas, conos, ladrillos,...empregaremos elementos cotiás que temos na casa.







Animade tamén ás vosas familias a realizalo, será xenial compartir momentos coma este.

Saudos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario