xoves, 30 de abril de 2020

Sesión 5 (3º trimestre)

Ola meus pequerrechos!
Espero que disfrutarades moito vendo o vídeo do voso gran traballo na casa e vendo ós vos@s compis do cole que tanto desexades ver e xogar con eles.

Téñovos preparada unha nova aventura, seguimos con xogos tradicionais, esta vez de lanzamento, a ver que tal se vos da a puntería.
Moito ánimo!!


QUECEMENTO: "O derribapeluches" (para todas as idades)







PARTE PRINCIPAL: podedes elexir o xogo que máis vos guste de entre as 3 propostas, se alguén se anima pode facer máis de un.

Proposta 1: "Os bolos"




 Proposta 2: "Encesta o aro"





Proposta 3: "Petanca"






VOLTA Á CALMA: 

Proposta para Infantil: "Emparella os calcetíns"



Proposta para 1º, 2º e 3º: "Recolle coa caixa"





Proposta para 4º, 5º e 6º: "Encesta o rolo"



Ánimo, espero os vosos vídeos no meu correo luciareymiguez@gmail.com!

martes, 28 de abril de 2020

Sorpresaaa!

Ola a tod@s!

Como sei que botades moito de menos ós compis do cole, creo que vos vai a facer moita ilusión velos, aínda que sexa na distancia, por eso me animei a facer esta pequena mostra do voso traballo para celebrar o día da E.F na casa.



 Espero que o disfrutedes!




Pd: máis adiante farei un novo vídeo cos que me cheguen así que espero que se animen máis alumn@s a mandarme fotos e vídeos ó correo luciareymiguez@gmail.com

Bo día!

luns, 27 de abril de 2020

Sesión 4 (3º trimestre)

Ola a tod@s!


Estou moi moi contenta porque xa vou recibindo máis vídeos e comentarios de tod@s vós no meu correo luciareymiguez@gmail.com.


Sodes uns artistas, a verdade encántame ver o ben que traballades e sobre todo os vosos sorisos.

Téñovos preparada a seguinte clase, espero que vos guste tanto como a anterior:


QUECEMENTO: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Desprazamento dos animais"




Proposta para 3º e 4º: "O chan mutante"


Proposta para 5º e 6º: "Salta na liña"


PARTE PRINCIPAL: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Carreira de sacos"



Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Salto á comba"

Esta gravación fíxena fóra porque hai máis espazo e menos perigo de romper algo, vós podedes facela no espazo que mellor se adapte, fóra, nun garaxe se chove ou dentro da casa se tendes un espazo amplo. No caso de que non contedes con ese espazo ou non teñades corda podedes facer a proposta para infantil, 1º e 2º.



VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)


"Equilibrios co pau"


Ánimo, espero os vosos vídeos!

xoves, 23 de abril de 2020

SESIÓN 3 (3ª AVALIACIÓN)

Ola a todas e todos!

Como acordamos o claustro, as clases de EF serán publicadas sempre os luns e os xoves. Espero que vos gusten moito e que as fagades, recordade enviarme algunha foto ou vídeo ó meu correo para así eu ter constancia de que alumnos/as están traballando, xa que como sabedes valorarase positivamente. 

Os vídeos deben remitirse ó correo luciareymiguez@gmail.com

(Recordade gravar vídeos curtos, de 1´ou menos é suficiente, para que o correo non de problemas). Se alguén ten problemas co envío tamén pode empregar a ferramenta WE TRANSFER https://wetransfer.com/ moi sinxela e sen instalación ou escribirme un correo e miramos como o podemos solucionar.

Un saúdo e ánimo coa sesión!


QUECEMENTO: 

Proposta para Infantil: "Toca a cor"



Proposta para 1º, 2º e 3º: "Oriéntate no coxín"



Proposta para 4º, 5º e 6º: "Estatuas"




PARTE PRINCIPAL: 


Proposta para Infantil: "O chan queima"




Proposta para 1º, 2º e 3º: "Circuito lateralidade"








Proposta para 4º, 5º e 6º: "Circuito de habilidade"



VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)

"Relaxación seguindo o método Koeppen"



luns, 20 de abril de 2020

SESIÓN 2 (3ª AVALIACIÓN)

Olaaaaa!

Comeza unha nova semana e con ela a 2ª sesión das conficlases de E.F!

Seguimos traballando a expresión corporal e como vos explico no 1º vídeo esta clase pode facerse tanto no interior coma no exterior.


QUECEMENTO: "Desprazámonos a ritmo" (para todas as idades)

A actividade consiste en ir dando pasos ó ritmo que outra persoa nos marca con palmadas, se facedes a actividade sós seguide o ritmo que marco eu e logo seguide marcando vós os ritmos que queirades.

Aquí tendes o meu exemplo:




PARTE PRINCIPAL: (Para todas as idades)

1ª actividade: "xogo do espello"

Imos a facer o xogo do espello, como vedes no vídeo propoño dúas variantes:

Se o fai o alumno/a só/a copiará os meus xestos mirando para a pantalla e se o fai con outra persoa un vai facendo xestos en movemento e o outro cópiaos.





2ª actividade: "Zumbaaa" 

A continuación poño unha serie de suxerencias divididas en dous bloques segundo a idade, e ó final dúas que están moi de actualidade para todos/as. Podedes bailar unha destas ou outra que vos guste e a busquedes en internet.

Suxerencias para Infantil, 1º e 2º



Suxerencias para 3º, 4º, 5º, 6º:



Suxerencias de actualidade para todos/as:

1. Ariel de Cuba - Quédate en casa

2. Dúo Dinámico - Resistiré



VOLTA Á CALMA:

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Xestos"




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Relaxación seguindo o Método Jacobson"



Moito ánimo e a divertirseeee!

sábado, 18 de abril de 2020

A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Ola, boa fin de semana!
Esta profe non para, verdade?😅

Tranquis, este é optativo, por se alguén se aburre e quere pasar un rato divertido deixovos este xogo que creou unha profe e pareceume interesante e ideal para o fin de semana para que poidades xogar en familia.

Podedes imprimilo pinchando na imaxe ou debuxalo nun folio e xa tendes o taboleiro.

Ahí vai!

Espero que vos guste e que o pasedes ben!





xoves, 16 de abril de 2020

SESIÓN 1 (3ª AVALIACIÓN)

Ola familias!

Como xa sabedes comezamos este terceiro trimestre con un pouco de incerteza sobre o desenvolvemento das materias, pero non por iso imos a quedar sen facer educación física, sexa nas casas ou cando nolo permitan todos/as xuntos/as, que é como máis nos gusta.

Para comezar con enerxía imos a poñer un pouco de música e a mover o esqueleto!!


Como as sesións que vou a propoñer agora son máis longas, similares a unha clase de E.F. subirei dúas por semana, para así asemellarnos o máximo posible ó traballo no cole.

SESIÓN 1:


QUECEMENTO: esta parte será igual para todos os cursos

Comezaremos con movilidade articular a ritmo da música (podedes poñer a canción que queirades). Este é o meu exemplo:




PARTE PRINCIPAL:


Nesta parte precisaremos a axuda de alguén, faremos o xogo das estatuas musicais pero un pouco modificado xa que sonará a música e cando o noso axudante a pare teremos que facer o xesto que el ou ela vos diga, que será diferente en función do voso curso como veredes nos vídeos. Eu fixen os vídeos de exemplo curtiños para que os poidades velos fácil pero a duración do exercicio sería o que dure a vosa canción.

1º e 2º:

Os vosos xestos son: tortuga, equilibrio sobre un pé, salto de muelle e salto lateral. 



3º e 4º:

Os vosos xestos son: equilibrio de puntillas, posición da rá, salto adiante - atrás e salto lateral.


5º e 6º:

Os vosos xestos son: sentadilla isométrica, skipping, posición de plancha e o avión.



VOLTA Á CALMA:

Para rematar faremos unha serie de estiramentos, moi beneficiosos para os músculos e máis nestes tempos que pasan máis horas das habituais parados.
Póñobos esta imaxe onde aparece varios, teríades que aguantar na posición da imaxe durante 30".

























Só queda unha cousiña que facemos sempre ó rematar as nosas sesións: O ASEO!! Lavamos as máns e a cara con xabón e listo, rematamos.

MOITO ÁNIMO!!

venres, 3 de abril de 2020

Reto 12

Ola familias!

Espero que todos/as esteades moi ben e ante todo agradezco a todas aquelas familias que durante estes días de confinamento me puxestes algún comentario ou me mandastes algún vídeo para saber que estades vendo as publicacións e facendo os retos.

Hoxe comeza o periodo de descanso da Semana Santa, co cal faremos un parón na publicación de retos.

Aínda así,  gustaríame que sigades facendo algo de actividade física libre xa que é moi importante para manter un estilo de vida saudable.

Se queredes mandarme algún vídeo ou mensaxe de algún dos retos que vos quedara pendiente por facer ou de calquera outra actividade que fagades eu seguirei activa e encantada de recibir noticias vosas. Como xa sabedes o correo é:


luciareymiguez@gmail.com


Para rematar quero deixarvos un último reto para traballar o equilibrio.

Ahí vai!

        





Saúdos!

mércores, 1 de abril de 2020

Reto 11


Ola chicas e chicos!!

No reto de hoxe imos correr a máxima velocidade! 

Estades preparados?

É un circuíto de transporte de follas a toda velocidade e á volta preparade a vosa concentración para facer o xogo de pés que se explica a continuación.

Espero que entre a explicación e o vídeo se entenda ben.

Ánimo!!





coordinación nos troncos





















Por certo, ao mellor tendes problemas para mandarme os vídeos polo tamaño que teñen. Entón, unha recomendación que pode facilitar a tarefa é que primeiro lle enviedes por whatsapp a alguén o vídeo e logo ao correo me enviedes ese vídeo do WhatsApp porque lle baixa a calidade e entón pesa menos e permite envialo polo correo. A ver se así podedes mandalo e recibo algún máis que me fai moita ilusión vervos.

   Biquiños!