luns, 20 de abril de 2020

SESIÓN 2 (3ª AVALIACIÓN)

Olaaaaa!

Comeza unha nova semana e con ela a 2ª sesión das conficlases de E.F!

Seguimos traballando a expresión corporal e como vos explico no 1º vídeo esta clase pode facerse tanto no interior coma no exterior.


QUECEMENTO: "Desprazámonos a ritmo" (para todas as idades)

A actividade consiste en ir dando pasos ó ritmo que outra persoa nos marca con palmadas, se facedes a actividade sós seguide o ritmo que marco eu e logo seguide marcando vós os ritmos que queirades.

Aquí tendes o meu exemplo:




PARTE PRINCIPAL: (Para todas as idades)

1ª actividade: "xogo do espello"

Imos a facer o xogo do espello, como vedes no vídeo propoño dúas variantes:

Se o fai o alumno/a só/a copiará os meus xestos mirando para a pantalla e se o fai con outra persoa un vai facendo xestos en movemento e o outro cópiaos.





2ª actividade: "Zumbaaa" 

A continuación poño unha serie de suxerencias divididas en dous bloques segundo a idade, e ó final dúas que están moi de actualidade para todos/as. Podedes bailar unha destas ou outra que vos guste e a busquedes en internet.

Suxerencias para Infantil, 1º e 2º



Suxerencias para 3º, 4º, 5º, 6º:



Suxerencias de actualidade para todos/as:

1. Ariel de Cuba - Quédate en casa

2. Dúo Dinámico - Resistiré



VOLTA Á CALMA:

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Xestos"




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Relaxación seguindo o Método Jacobson"



Moito ánimo e a divertirseeee!

4 comentarios:

  1. Ola profe Lucía!
    Que tal estás?
    Nos ven! Por ahora.
    Está semana mandaremos vídeos das actividades realizadas por Javi é Nati, vamolo pasar genial con estás actividades que nos enviaches.
    Gracias polo teu esforzó Lucía, nos vamos a por todo da nosa parte, é ademais agora xa estamos mais tranquilos e Javi é Nati están moito mais Felices....
    Un saudo é muitos abrazos é bicos

    ResponderEliminar
  2. Olaa, eu estou ben e alégrome moito que vós tamén e que esteades felices. Moitas gracias polos recoñecementos e alégrome moito que vos motiven as actividades, ese é o obxectivo, espero os vosos vídeos! Gravádeos curtiños para que non dea problemas o correo ao envialos e se non os manda cunhas fotos tamén me vale. Moitos bicos!

    ResponderEliminar
  3. Hola profe Lucía soy Paula de 5 a la tarde ya te mando un vídeo para que me veas besos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias Paula! alégrome moito de que me escribiras, un besiño enorme e espero ese vídeo que me alegra moito recibilos. besos!

      Eliminar