venres, 3 de abril de 2020

Reto 12

Ola familias!

Espero que todos/as esteades moi ben e ante todo agradezco a todas aquelas familias que durante estes días de confinamento me puxestes algún comentario ou me mandastes algún vídeo para saber que estades vendo as publicacións e facendo os retos.

Hoxe comeza o periodo de descanso da Semana Santa, co cal faremos un parón na publicación de retos.

Aínda así,  gustaríame que sigades facendo algo de actividade física libre xa que é moi importante para manter un estilo de vida saudable.

Se queredes mandarme algún vídeo ou mensaxe de algún dos retos que vos quedara pendiente por facer ou de calquera outra actividade que fagades eu seguirei activa e encantada de recibir noticias vosas. Como xa sabedes o correo é:


luciareymiguez@gmail.com


Para rematar quero deixarvos un último reto para traballar o equilibrio.

Ahí vai!

        





Saúdos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario