xoves, 16 de abril de 2020

SESIÓN 1 (3ª AVALIACIÓN)

Ola familias!

Como xa sabedes comezamos este terceiro trimestre con un pouco de incerteza sobre o desenvolvemento das materias, pero non por iso imos a quedar sen facer educación física, sexa nas casas ou cando nolo permitan todos/as xuntos/as, que é como máis nos gusta.

Para comezar con enerxía imos a poñer un pouco de música e a mover o esqueleto!!


Como as sesións que vou a propoñer agora son máis longas, similares a unha clase de E.F. subirei dúas por semana, para así asemellarnos o máximo posible ó traballo no cole.

SESIÓN 1:


QUECEMENTO: esta parte será igual para todos os cursos

Comezaremos con movilidade articular a ritmo da música (podedes poñer a canción que queirades). Este é o meu exemplo:




PARTE PRINCIPAL:


Nesta parte precisaremos a axuda de alguén, faremos o xogo das estatuas musicais pero un pouco modificado xa que sonará a música e cando o noso axudante a pare teremos que facer o xesto que el ou ela vos diga, que será diferente en función do voso curso como veredes nos vídeos. Eu fixen os vídeos de exemplo curtiños para que os poidades velos fácil pero a duración do exercicio sería o que dure a vosa canción.

1º e 2º:

Os vosos xestos son: tortuga, equilibrio sobre un pé, salto de muelle e salto lateral. 



3º e 4º:

Os vosos xestos son: equilibrio de puntillas, posición da rá, salto adiante - atrás e salto lateral.


5º e 6º:

Os vosos xestos son: sentadilla isométrica, skipping, posición de plancha e o avión.



VOLTA Á CALMA:

Para rematar faremos unha serie de estiramentos, moi beneficiosos para os músculos e máis nestes tempos que pasan máis horas das habituais parados.
Póñobos esta imaxe onde aparece varios, teríades que aguantar na posición da imaxe durante 30".

























Só queda unha cousiña que facemos sempre ó rematar as nosas sesións: O ASEO!! Lavamos as máns e a cara con xabón e listo, rematamos.

MOITO ÁNIMO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario