martes, 31 de marzo de 2020

Reto 10


Ola a todos/as, hoxe vou a poñer algo máis tranquiliño xa que de vez en cando tamén nos gusta relaxarnos.

Imos a traballar o ioga cunhas posturas de animais que seguro vos gustará facer xa que moitas veces facemos que somos animais e pasámolo pipa.

Ahí vai o reto!!



As posturas que faremos hoxe son:






































Ánimo co Ioga!

luns, 30 de marzo de 2020

Reto 9

Olaaa, que tal estades?

Un día máis de retos, un día menos para poder xuntarnos e facer clase colectiva.

O reto de hoxe eu fíxeno fóra pero fai algo de fresco asique se queredes e tendes algo de espacio como un corredor, un salón grande ou un garaxe podedes facelo no interior.






As posicións de saída dende o centro do cadrado son:

- sentados
- tumbados boca arriba
- tumbados boca abaixo
- en cuclillas (posición da rá)
- xirando
- saltando no sitio
- facendo a ponte boca abaixo
- facendo a ponte boca arriba

E todas as demais que se vos ocorran!


Ahí vai o meu exemplo:



Moito ánimo a todos e todas!!

venres, 27 de marzo de 2020

Reto 8

Olaaa, que tal estades?

Espero que moi animados facendo os retos.

Para o reto de hoxe podedes utilizar o que teñades pola casa para facer os balos, unha escoba e dous cubos, uns cabaletes ou o que se vos ocorra.

Este é o meu exemplo pero seguro que co voso inxenio poden sair circuítos moi orixinais.

Ánimo co reto!!

Recordade que facer algo de actividade física diaria é moi importante para a saúde física e mental.

Biquiños!



xoves, 26 de marzo de 2020

Reto 7



Ola a tod@s!
No reto de hoxe imos a poñer en forma o noso abdome xa que traballaremos a forza, podedes facelo unha vez como fixen eu os máis pequenos ou ida e volta os maiores.

Por certo, eu fíxeno fóra pero é un reto que tamén podedes facer dentro se tendes un espacio algo grande que vos permita estar tumbado/a

Ánimo!!



martes, 24 de marzo de 2020

Reto 6


Olaa, xa está aquí un novo reto, neste caso será para traballar o salto.

Hai 3 vídeos, xa que o primeiro vídeo sería o reto de infantil, o segundo o de 1º e 2º e o terceiro o de 3º, 4º 5º e 6º. Neste último grupo o reto será o mesmo pero 3º e 4º terano que facer 2 veces e 5º e 6º 3 veces.



RETO INFANTIL


RETO 1º e 2º


RETO 3º, 4º, 5º e 6º


luns, 23 de marzo de 2020

Reto 5


Ola a todos e todas!!

O reto de hoxe é un pouquiño máis complicado por eso imos establecer 3 niveis.

 Para os de infantil aquí tendes explicado o reto. Empreguei unha moto porque a tiña pola casa pero os que non teñades ningún vehículo poden facelo correndo.


Os de primaria tendes o outro vídeo no que explico o voso reto, aínda así os de 1º, 2º e 3º podedes facelo só con tres madeiras para que o esforzo sexa menor.

Iso si quén se anime a facelo completo adiante!!


Recordade mandarme os vosos vídeos sexa do reto que sexa ao meu correo luciareymiguez@gmail.com

Bo día a todos e todas!!

domingo, 22 de marzo de 2020

Reto 4

Olaaaa!

Xa sei que é domingo e os domingos non temos cole, pero como sei que vos gustan os retos vou a poñer un novo.

Para todos aqueles e aquelas que queirades mandarme o voso vídeo facendo o reto podedes empregar o seguinte correo para mandalos:

luciareymiguez@gmail.com

Encantarame vervos, asique anímovos a facelo e que o compartades conmigo.


Imos co reto 4!!                             
           

Para os máis pequenos:




Para os maiores:



venres, 20 de marzo de 2020

RETO 3


Ola rapaces e rapazas,

Xa vexo que o número de visitantes do blogue vai aumentando, que ben!, moitas gracias polo voso interese. Espero ademais que esteades facendo os retos e o pasedes moi moi ben xogando.

Hoxe imos practicar un xogo tradicional, a mariola, igual o nome non vos sona pero cando vexades o vídeo de seguro sabedes cal é e as vosas familias tamén, que é un xogo ao que eles tamén xogaban. 

Ocórreseme unha gran idea, retadeos a xogar con vós e a ver quén é o máis hábil.

Ahí vai o meu video!! 



xoves, 19 de marzo de 2020

RETO 2

Bos días a todos e todas,

Primeiro de todo felicitar a todos os pais do cole e a todos os Josés e Josefas que algún temos entre o alumnado tamén.

Estades preparados para un novo reto?

Pois afinade a vosa puntería e a recolectar pola casa pinzas da roupa para xogar que ahí vai!!



mércores, 18 de marzo de 2020

LANZAMENTO DUN RETO

Boas tardes rapaces e rapazas,

Espero que esteades levando estes días o mellor posible e por suposto que esteades facendo algo de exercicio físico xa que é fundamental para manter a nosa saúde física e mental.

Para motivarvos un pouquiño nesa práctica deportiva cada día lanzarei un reto, uns serán no interior e outros no exterior para que así todos teñades a posibilidade de realizalos.

Animádesvos a facer EF conmigo dende as vosas casas?

Aquí vai o primeiro reto:

Consiste nun pequeno circuíto parecido ao que facemos no cole pero en vez de empregar picas, conos, ladrillos,...empregaremos elementos cotiás que temos na casa.







Animade tamén ás vosas familias a realizalo, será xenial compartir momentos coma este.

Saudos!

domingo, 15 de marzo de 2020

E.F. NA CASA


Ola familias!

Dende a materia de Educación Física irémosvos achegando algunhas actividades que podedes facer en familia para manter un estilo de vida activo estes días que temos que estar na casa polo coronavirus.

Como se prevé que no inicio da semana vai a chover achego as seguintes actividades de interior:

— A primeira proposta é unha serie de exercicios, moi faciliños, divertidos e orixinais que deseñou unha familia china.


—  Xogar a xogos de mesa que teñades na casa.

— Representar anuncios de Tv.

— Facer xogos de mímica por exemplo un representa unha profesión sen falar e outro adiviña cal é e logo cambio.

— Facer papiroflexia:

Aquí vos deixo un enlace con ideas, podedes buscar outros exemplos se preferides.
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-faciles-animales-origami/

— Facer castelos de cartas.

— Axudar nas tarefas do fogar.

— Calquera outra actividade física que poidades facer nas vosas casas.

Todas aquelas familias que fagades algunha destas iniciativas ou outra que supoña unha actividade física pediríavos que mandásedes algunha foto ó correo do colexio, ou nun pen drive cando se retomen as clases para logo facer unha publicación do bo aproveitamento do tempo que fixeron as familias do CEIP Doutor Suárez.

No caso de que fagades algún material para xogar ou figuras de papiroflexia podedes traelo ó colexio cando se retomen as clases e faremos unha exposición con todos os traballos

Moitas gracias,
Estamos en contacto
LUCIA