xoves, 11 de xuño de 2020

Sesión 13

Ola nenos e nenas,


Chegou a nosa última clase do confinamento, espero que aínda así sigades facendo moita actividade física.

Quería antes de comezar darvos as gracias pola boa resposta que tivestes ás clases e polo esforzo de gravar e enviar todos os vídeos.

Espero que vos guste a clase!

Sesión para infantil, 1º e 2º: 
Segunda parte do conto motor "A Casa de Josefina"




Sesión para 3º, 4º, 5º e 6º: 





Por último, decirvos que me pon moi triste non poder despedirme de vós, regalástesme moi bos momentos no cole de Fornelos, encantoume traballar con vós. Prométovos que cando poida irei a visitarvos.




Pd: como sempre podedes mandarme os vosos vídeos e fotos ó correo luciareymiguez@gmail.com
ou se tendes problemas co correo ó WhatsApp do cole: 667352980

GRACIASSSS!

Moitos bicos

martes, 9 de xuño de 2020

As vosas clases!!

Ola nenos e nenas!!

Xa está listo un novo vídeo voso, canto nos gusta a todos/as vervos traballar, a min desde logo encántame, estou orgullosísima de vós e das vosas familias que están colaborando un montón, gracias!!

Que o disfrutedes moito!




xoves, 4 de xuño de 2020

SESIÓN 12 (3º trimestre)

Olaaa a tod@s!

Entramos no mes de xuño, recta final deste curso!!
Xa traballastes mogollón, e polo tanto a semana que ven será a última que colgue clases para realizar e enviar.

O luns subirei un video resumo das vosas clases 8, 9 e 10, como sempre se alguén non quere saír que me escriba un correo.

Nesta clase decidín propoñervos facer xogos con algo que empregamos nas festas de cumple e que nos gusta mogollón xogar con eles, si si, creo que acertartes, imos a xogar con globos!!

Estes son os xogos que vos propoño:



Pd: se alguén non ten globos tamén se pode facer inflando bolsas de conxelar con cierre e pechandoas ben.

Espero que o pasedes moi ben e que me mandedes os vosos vídeos ou fotos xogando ó meu correo:
luciareymiguez@gmail.com