venres, 3 de xullo de 2020

ÚLTIMO VÍDEO DAS VOSAS CLASES!

Ola nenos e nenas,

Perdoade a tardanza neste último vídeo pero as últimas semanas do curso foron apuradas.

Xa está aquí e espero que o disfrutedes moito.





xoves, 11 de xuño de 2020

Sesión 13

Ola nenos e nenas,


Chegou a nosa última clase do confinamento, espero que aínda así sigades facendo moita actividade física.

Quería antes de comezar darvos as gracias pola boa resposta que tivestes ás clases e polo esforzo de gravar e enviar todos os vídeos.

Espero que vos guste a clase!

Sesión para infantil, 1º e 2º: 
Segunda parte do conto motor "A Casa de Josefina"




Sesión para 3º, 4º, 5º e 6º: 





Por último, decirvos que me pon moi triste non poder despedirme de vós, regalástesme moi bos momentos no cole de Fornelos, encantoume traballar con vós. Prométovos que cando poida irei a visitarvos.




Pd: como sempre podedes mandarme os vosos vídeos e fotos ó correo luciareymiguez@gmail.com
ou se tendes problemas co correo ó WhatsApp do cole: 667352980

GRACIASSSS!

Moitos bicos

martes, 9 de xuño de 2020

As vosas clases!!

Ola nenos e nenas!!

Xa está listo un novo vídeo voso, canto nos gusta a todos/as vervos traballar, a min desde logo encántame, estou orgullosísima de vós e das vosas familias que están colaborando un montón, gracias!!

Que o disfrutedes moito!




xoves, 4 de xuño de 2020

SESIÓN 12 (3º trimestre)

Olaaa a tod@s!

Entramos no mes de xuño, recta final deste curso!!
Xa traballastes mogollón, e polo tanto a semana que ven será a última que colgue clases para realizar e enviar.

O luns subirei un video resumo das vosas clases 8, 9 e 10, como sempre se alguén non quere saír que me escriba un correo.

Nesta clase decidín propoñervos facer xogos con algo que empregamos nas festas de cumple e que nos gusta mogollón xogar con eles, si si, creo que acertartes, imos a xogar con globos!!

Estes son os xogos que vos propoño:



Pd: se alguén non ten globos tamén se pode facer inflando bolsas de conxelar con cierre e pechandoas ben.

Espero que o pasedes moi ben e que me mandedes os vosos vídeos ou fotos xogando ó meu correo:
luciareymiguez@gmail.com

xoves, 28 de maio de 2020

Sesión 11 (3º trimestre)

Ola rapaces e rapazas!!

Espero que vos gustara o vídeo das vosas clases, a min encántame vervos.
Se alguén non o veu está na entrada anterior titulada Sorpresaa!


Espero que co bo tempo a vosa gana de abandonar o sofá e a play station aumente e decidades ir para fóra a divertirvos. Algúns xa vin que si, que envidia (sana) me destes con eses vídeos e fotos nadando e facendo volteretas nas vosas piscinas, pasádelo pipa e facedes exercicio 👏👏 moi ben!!

Aproveito tamén para comentarvos que para a clase da semana que vén imos a empregar globos, polo que os que non teñades na casa, se podedes comprade 3 ou 4, senón a clase pode facerse tamén cunha bolsa de conxelar con cierre inchada pero cun globo é máis fácil para os nenos/as.

Imos entón coa sesión desta semana, a maioría dos exercicios podedes facelos fóra se queredes, eu fixen uns dentro e outros fóra para que vexades que se poden facer en ambos sitios.


QUECEMENTO: (para todas as idades)
 "Pincho moruno"
Este xogo tamén o podedes facer no exterior





PARTE PRINCIPAL:


Proposta para Infantil, 1º e 2º: (2 exercicios)

Exercicio 1: "Conduce o balón"




Exercicio 2: "O billar"




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: (2 exercicios)

Exercicio 1: "Conduce o balón"




Exercicio 2: "O billar"




VOLTA Á CALMA:


Proposta para Infantil, 1º e 2º:

"Xogo da memoria"





Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º:

"Desliza o rolo"



Recordade facer o aseo ó rematar!

Ánimo coa clase, espero os vosos vídeos!

O meu correo é luciareymiguez@gmail.com

mércores, 27 de maio de 2020

Sorpresaaa!

Ola familias,
Deixovos un vídeo resumo das clases que me fostes mandando.
Como sempre darvos as gracias a todos os que participades, faime moita moita ilusión ver cada vídeo que recibo e tamén ler as vosas mensaxes de ánimo e agradecemento.

Un beso grande a todos e todas os meus alumnos e alumnas que os boto moito de menos.

Espero que vos guste!



martes, 26 de maio de 2020

Actividade Física no medio natural


Ola nenos e nenas,

Aínda que hoxe non toca educación física, mándovos un vídeo para animarvos a facer actividade física sempre que poidades, é moi sano e moi beneficioso para o noso corpo e a nosa mente.





Tamén aproveito para comentarvos que mañán publicarei un vídeo motivador cos vídeos que me mandastes das clases 5, 6 e 7, se algún alumno/a ou familiar non quere saír nos vídeos que me mande un correo comunicándomo e non publicarei o seu vídeo.
Como sabedes é algo motivador e para que vexades ós/as vos@s compañeir@s e en nigún caso quero facer sentir mal a ninguén, polo tanto contactade conmigo se alguén o precisa.

Moitos bicos e moito ánimooooo!

xoves, 21 de maio de 2020

SESIÓN 10 (3º trimestre)

Moi bos días nenos e nenas,
Que tal estades? Espero que moi ben, o bo tempo sempre nos trae alegría.

Recordade que hai que facer as clases e envialas, todas as materias son importantes. 

Xa sei que moitos de vós corredes e saltades pola finca, ides a dar paseos, etc., eso está xenial, é maravilloso, pero non exime de facer a clase de educación física na que se traballan outras cousas moi importantes para o desenvolvemento do noso corpo como a coordinación, a propiocepción, o equilibrio, a velocidade de reacción, etc.

Imos coa sesión desta semana, a ver se vos gusta:


QUECEMENTO:
 "Toca o número, letra ou cor"



Variantes por idade:

Infantil: números e cores
1º e 2º: números, letras e cores
3º e 4º: números, letras e operacións sinxelas (sumas, restas)
5º e 6º: números, letras, cores e operacións (resta, multiplicación, división)

Pd: Se algún neno/a quere probar con variantes de algún curso superior pode.
Se non tendes quen faga a actividade con vós podedes poñer números en papeliños, doblalos e mezclalos e logo ir abrindo de un en un.



PARTE PRINCIPAL:


Proposta para Infantil, 1º e 2º: "transporta o rolo"






Proposta para 3º e 4º, 5º e 6º: "Circuíto de orientación" 

(Se non tendes quen faga a actividade con vós podedes facer a actividade de transportar o rolo)






VOLTA Á CALMA: (elexir unha das dúas)


"Escondite Inglés"








"O espantallo":






Recordade facer o aseo ó rematar!

Ánimo coa clase, espero os vosos vídeos!

O meu correo é: luciareymiguez@gmail.com

Se tendes problema co envío de fotos e vídeos por correo electrónico contactade conmigo igualmente que buscamos unha solución para o envío a través de plataformas como we transfer ou WhatsApp.

Moitos saúdos e boa semana a tod@s

xoves, 14 de maio de 2020

Sesión 9 (3º trimestre)

Ola a tod@s,

Primeiro de todo quería transmitirvos o meu agradecemento ás familias que estades colaborando na gravación e envío de vídeos, entendo tamén aquelas que as circunstancias laborais ou persoais lle impiden realizar un envío regular destes pero se comunicaron igualmente conmigo para transmitirme que están conectados e fan as clases cando poden.

Entón, para liberarvos un pouco de gravar tanto vídeo e tendo en conta que as directrices son de non sobrecargar ó alumnado con tarefas e tamén que agora xa non temos que levar unha vida tan sedentaria e podedes realizar actividades no exterior, a partir da semana que vén subirei clases só os xoves quedando a clase dos luns de carácter libre para realizar paseos, andar en bici, correr, explorar o monte, etc. da cal por suposto non haberá que dar constancia.

Agora si, imos coa sesión 9!


PROPOSTA PARA INFANTIL, 1º e 2º: 


"CONTO MOTOR A CASA DE JOSEFINA"

Esta semana como é unha semana especial, a semana das LETRAS GALEGAS, na que se conmemora a nosa lingua, decidín facer unha clase diferente.

Trátase dun conto motor no que os nenos/as teñen que ir facendo os xestos que nos mandan as personaxes que aparecen nel. Está ambientado na casa dunha señoriña moi graciosa que vos mandará facer cousas para desprazarse ata as habitacións da súa casa, logo en cada unha das habitacións teredes que facer cousas diferentes.

Espero que vos guste moito, dende logo foi feito con moito cariño e esmero.
Xa me diredes se vos gustou 😊



Aclaracións: 

-  Non é necesario gravar o conto enteiro, con 1´ou menos suficiente.
- Está gravado por toda a casa pero podedes facelo nun mesmo espacio seguindo as indicacións das personaxes.




PROPOSTA PARA 3º, 4º, 5º e 6º: 


QUECEMENTO: 


Proposta para 3º e 4º: "Písalle os pés"





Proposta para 5º e 6º: "skipping e bici"




PARTE PRINCIPAL: 

Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Circuito de chapas"







VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)


"O camiño de cartas"




Non esquezades facer o aseo ó rematar.

Ánimo, espero os vosos vídeos!

O meu correo é luciareymiguez@gmail.com

luns, 11 de maio de 2020

Sesión 8 (3º trimestre)

Ola a tod@s!

Espero que pasarades unha boa fín de semana.


Imos coa seguinte sesión, esta creo que vos vai a gustar, sobre todo a volta á calma, xa veredes.

Como sempre xa sabedes adaptádea ó voso espazo, materiais e meteoroloxía do día que a fagades.


QUECEMENTO: (para todas as idades)
 "O pescatenis"
Este xogo tamén o podedes facer no interior




PARTE PRINCIPAL:


Proposta para Infantil, 1º e 2º:





Proposta para 3º e 4º:



Proposta para 5º e 6º:





VOLTA Á CALMA:


Proposta para Infantil, 1º e 2º:

Esta é a vosa proposta aínda que vos animo a botar unhas risas intentando facer a proposta dos maiores tamén, iso si, prohibido rirse da profe eh! 😉





Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º:

Atención: prohibido rirse das miñas caras eh que nos coñecemos 😉.




Recordade facer o aseo ó rematar, moi importante!

Ánimo coa clase, espero os vosos vídeos!

xoves, 7 de maio de 2020

Sesión 7 (3º trimestre)

Ola a tod@s!

Teño que felicitarvos polo voso traballo, xa que ademáis de traballar un montón estou recibindo cada vez máis vídeos e comentarios de tod@s vós no meu correo luciareymiguez@gmail.com.


Imos coa seguinte sesión, a ver se vos gusta, como sempre xa sabedes adaptádea ó voso espazo e materiais e os que queirades podedes facer algunhas das actividades fóra se fai bo día.


QUECEMENTO: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "O derriba botellas"




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "A alfombra máxica"


Se tendes alguén que o faga con vós podedes facelo a modo competición a ver quen chega antes á meta.


PARTE PRINCIPAL: (para todas as idades)


1º xogo: "Transportes coa culler"



Se tendes alguén que o faga con vós podedes facelo a modo competición a ver quen chega antes á meta.


2º xogo: "O escondite" 




VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)


"Debuxa nas costas": incrementaremos a dificultade en función da idade poñemos só letras ou números para os máis pequenos e palabras para os maiores.



Recordade facer o aseo ó rematar, moi importante!

Ánimo coa clase, espero os vosos vídeos!

domingo, 3 de maio de 2020

Sesión 6 (3º trimestre)


Ola nenos e nenas!!

Aquí vai a proposta para esta 6ª clase, eu gravei fóra porque facía bo tempo onte pero se cando a fagades está mal tempo, podedes facela dentro, os circuítos da parte principal podedes adaptalos ó voso espacio ou repetir algún exercicio das clases anteriores que vos gustara ou vos quedara sen facer.


QUECEMENTO: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "A rolos"
Recorrido a rolos de ida e volta transportando os obxectos como vedes no vídeo:




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Traballamos a condición física"




PARTE PRINCIPAL: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Circuíto de transportes"

A colocación do circuíto será a seguinte:


O desenvolvemento da actividade a realizar é a que vedes no vídeo que aparece a continuación, debedes de transportar uns 5 ou 6 obxectos:



Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Circuíto de transportes"

A colocación do circuíto para vós será a seguinte:



O desenvolvemento da actividade a realizar é a que vedes no vídeo que aparece a continuación, debedes de transportar uns 5 ou 6 obxectos:



VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)

"Respiracións abdominais"



Por último recordade lavar ben as máns para eliminar os virus, moi importante!!

Ánimo, espero os vosos vídeos!

correo: luciareymiguez@gmail.com



xoves, 30 de abril de 2020

Sesión 5 (3º trimestre)

Ola meus pequerrechos!
Espero que disfrutarades moito vendo o vídeo do voso gran traballo na casa e vendo ós vos@s compis do cole que tanto desexades ver e xogar con eles.

Téñovos preparada unha nova aventura, seguimos con xogos tradicionais, esta vez de lanzamento, a ver que tal se vos da a puntería.
Moito ánimo!!


QUECEMENTO: "O derribapeluches" (para todas as idades)







PARTE PRINCIPAL: podedes elexir o xogo que máis vos guste de entre as 3 propostas, se alguén se anima pode facer máis de un.

Proposta 1: "Os bolos"




 Proposta 2: "Encesta o aro"





Proposta 3: "Petanca"






VOLTA Á CALMA: 

Proposta para Infantil: "Emparella os calcetíns"



Proposta para 1º, 2º e 3º: "Recolle coa caixa"





Proposta para 4º, 5º e 6º: "Encesta o rolo"



Ánimo, espero os vosos vídeos no meu correo luciareymiguez@gmail.com!

martes, 28 de abril de 2020

Sorpresaaa!

Ola a tod@s!

Como sei que botades moito de menos ós compis do cole, creo que vos vai a facer moita ilusión velos, aínda que sexa na distancia, por eso me animei a facer esta pequena mostra do voso traballo para celebrar o día da E.F na casa.



 Espero que o disfrutedes!




Pd: máis adiante farei un novo vídeo cos que me cheguen así que espero que se animen máis alumn@s a mandarme fotos e vídeos ó correo luciareymiguez@gmail.com

Bo día!

luns, 27 de abril de 2020

Sesión 4 (3º trimestre)

Ola a tod@s!


Estou moi moi contenta porque xa vou recibindo máis vídeos e comentarios de tod@s vós no meu correo luciareymiguez@gmail.com.


Sodes uns artistas, a verdade encántame ver o ben que traballades e sobre todo os vosos sorisos.

Téñovos preparada a seguinte clase, espero que vos guste tanto como a anterior:


QUECEMENTO: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Desprazamento dos animais"




Proposta para 3º e 4º: "O chan mutante"


Proposta para 5º e 6º: "Salta na liña"


PARTE PRINCIPAL: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Carreira de sacos"



Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Salto á comba"

Esta gravación fíxena fóra porque hai máis espazo e menos perigo de romper algo, vós podedes facela no espazo que mellor se adapte, fóra, nun garaxe se chove ou dentro da casa se tendes un espazo amplo. No caso de que non contedes con ese espazo ou non teñades corda podedes facer a proposta para infantil, 1º e 2º.



VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)


"Equilibrios co pau"


Ánimo, espero os vosos vídeos!