xoves, 14 de maio de 2020

Sesión 9 (3º trimestre)

Ola a tod@s,

Primeiro de todo quería transmitirvos o meu agradecemento ás familias que estades colaborando na gravación e envío de vídeos, entendo tamén aquelas que as circunstancias laborais ou persoais lle impiden realizar un envío regular destes pero se comunicaron igualmente conmigo para transmitirme que están conectados e fan as clases cando poden.

Entón, para liberarvos un pouco de gravar tanto vídeo e tendo en conta que as directrices son de non sobrecargar ó alumnado con tarefas e tamén que agora xa non temos que levar unha vida tan sedentaria e podedes realizar actividades no exterior, a partir da semana que vén subirei clases só os xoves quedando a clase dos luns de carácter libre para realizar paseos, andar en bici, correr, explorar o monte, etc. da cal por suposto non haberá que dar constancia.

Agora si, imos coa sesión 9!


PROPOSTA PARA INFANTIL, 1º e 2º: 


"CONTO MOTOR A CASA DE JOSEFINA"

Esta semana como é unha semana especial, a semana das LETRAS GALEGAS, na que se conmemora a nosa lingua, decidín facer unha clase diferente.

Trátase dun conto motor no que os nenos/as teñen que ir facendo os xestos que nos mandan as personaxes que aparecen nel. Está ambientado na casa dunha señoriña moi graciosa que vos mandará facer cousas para desprazarse ata as habitacións da súa casa, logo en cada unha das habitacións teredes que facer cousas diferentes.

Espero que vos guste moito, dende logo foi feito con moito cariño e esmero.
Xa me diredes se vos gustou 😊



Aclaracións: 

-  Non é necesario gravar o conto enteiro, con 1´ou menos suficiente.
- Está gravado por toda a casa pero podedes facelo nun mesmo espacio seguindo as indicacións das personaxes.




PROPOSTA PARA 3º, 4º, 5º e 6º: 


QUECEMENTO: 


Proposta para 3º e 4º: "Písalle os pés"





Proposta para 5º e 6º: "skipping e bici"




PARTE PRINCIPAL: 

Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Circuito de chapas"







VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)


"O camiño de cartas"




Non esquezades facer o aseo ó rematar.

Ánimo, espero os vosos vídeos!

O meu correo é luciareymiguez@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario