xoves, 21 de maio de 2020

SESIÓN 10 (3º trimestre)

Moi bos días nenos e nenas,
Que tal estades? Espero que moi ben, o bo tempo sempre nos trae alegría.

Recordade que hai que facer as clases e envialas, todas as materias son importantes. 

Xa sei que moitos de vós corredes e saltades pola finca, ides a dar paseos, etc., eso está xenial, é maravilloso, pero non exime de facer a clase de educación física na que se traballan outras cousas moi importantes para o desenvolvemento do noso corpo como a coordinación, a propiocepción, o equilibrio, a velocidade de reacción, etc.

Imos coa sesión desta semana, a ver se vos gusta:


QUECEMENTO:
 "Toca o número, letra ou cor"



Variantes por idade:

Infantil: números e cores
1º e 2º: números, letras e cores
3º e 4º: números, letras e operacións sinxelas (sumas, restas)
5º e 6º: números, letras, cores e operacións (resta, multiplicación, división)

Pd: Se algún neno/a quere probar con variantes de algún curso superior pode.
Se non tendes quen faga a actividade con vós podedes poñer números en papeliños, doblalos e mezclalos e logo ir abrindo de un en un.



PARTE PRINCIPAL:


Proposta para Infantil, 1º e 2º: "transporta o rolo"






Proposta para 3º e 4º, 5º e 6º: "Circuíto de orientación" 

(Se non tendes quen faga a actividade con vós podedes facer a actividade de transportar o rolo)






VOLTA Á CALMA: (elexir unha das dúas)


"Escondite Inglés"








"O espantallo":






Recordade facer o aseo ó rematar!

Ánimo coa clase, espero os vosos vídeos!

O meu correo é: luciareymiguez@gmail.com

Se tendes problema co envío de fotos e vídeos por correo electrónico contactade conmigo igualmente que buscamos unha solución para o envío a través de plataformas como we transfer ou WhatsApp.

Moitos saúdos e boa semana a tod@s

1 comentario: