xoves, 28 de maio de 2020

Sesión 11 (3º trimestre)

Ola rapaces e rapazas!!

Espero que vos gustara o vídeo das vosas clases, a min encántame vervos.
Se alguén non o veu está na entrada anterior titulada Sorpresaa!


Espero que co bo tempo a vosa gana de abandonar o sofá e a play station aumente e decidades ir para fóra a divertirvos. Algúns xa vin que si, que envidia (sana) me destes con eses vídeos e fotos nadando e facendo volteretas nas vosas piscinas, pasádelo pipa e facedes exercicio 👏👏 moi ben!!

Aproveito tamén para comentarvos que para a clase da semana que vén imos a empregar globos, polo que os que non teñades na casa, se podedes comprade 3 ou 4, senón a clase pode facerse tamén cunha bolsa de conxelar con cierre inchada pero cun globo é máis fácil para os nenos/as.

Imos entón coa sesión desta semana, a maioría dos exercicios podedes facelos fóra se queredes, eu fixen uns dentro e outros fóra para que vexades que se poden facer en ambos sitios.


QUECEMENTO: (para todas as idades)
 "Pincho moruno"
Este xogo tamén o podedes facer no exterior





PARTE PRINCIPAL:


Proposta para Infantil, 1º e 2º: (2 exercicios)

Exercicio 1: "Conduce o balón"




Exercicio 2: "O billar"




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: (2 exercicios)

Exercicio 1: "Conduce o balón"




Exercicio 2: "O billar"




VOLTA Á CALMA:


Proposta para Infantil, 1º e 2º:

"Xogo da memoria"





Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º:

"Desliza o rolo"



Recordade facer o aseo ó rematar!

Ánimo coa clase, espero os vosos vídeos!

O meu correo é luciareymiguez@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario