domingo, 3 de maio de 2020

Sesión 6 (3º trimestre)


Ola nenos e nenas!!

Aquí vai a proposta para esta 6ª clase, eu gravei fóra porque facía bo tempo onte pero se cando a fagades está mal tempo, podedes facela dentro, os circuítos da parte principal podedes adaptalos ó voso espacio ou repetir algún exercicio das clases anteriores que vos gustara ou vos quedara sen facer.


QUECEMENTO: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "A rolos"
Recorrido a rolos de ida e volta transportando os obxectos como vedes no vídeo:




Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Traballamos a condición física"




PARTE PRINCIPAL: 

Proposta para Infantil, 1º e 2º: "Circuíto de transportes"

A colocación do circuíto será a seguinte:


O desenvolvemento da actividade a realizar é a que vedes no vídeo que aparece a continuación, debedes de transportar uns 5 ou 6 obxectos:



Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: "Circuíto de transportes"

A colocación do circuíto para vós será a seguinte:



O desenvolvemento da actividade a realizar é a que vedes no vídeo que aparece a continuación, debedes de transportar uns 5 ou 6 obxectos:



VOLTA Á CALMA: (para todas as idades)

"Respiracións abdominais"



Por último recordade lavar ben as máns para eliminar os virus, moi importante!!

Ánimo, espero os vosos vídeos!

correo: luciareymiguez@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario