domingo, 15 de marzo de 2020

E.F. NA CASA


Ola familias!

Dende a materia de Educación Física irémosvos achegando algunhas actividades que podedes facer en familia para manter un estilo de vida activo estes días que temos que estar na casa polo coronavirus.

Como se prevé que no inicio da semana vai a chover achego as seguintes actividades de interior:

— A primeira proposta é unha serie de exercicios, moi faciliños, divertidos e orixinais que deseñou unha familia china.


—  Xogar a xogos de mesa que teñades na casa.

— Representar anuncios de Tv.

— Facer xogos de mímica por exemplo un representa unha profesión sen falar e outro adiviña cal é e logo cambio.

— Facer papiroflexia:

Aquí vos deixo un enlace con ideas, podedes buscar outros exemplos se preferides.
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-faciles-animales-origami/

— Facer castelos de cartas.

— Axudar nas tarefas do fogar.

— Calquera outra actividade física que poidades facer nas vosas casas.

Todas aquelas familias que fagades algunha destas iniciativas ou outra que supoña unha actividade física pediríavos que mandásedes algunha foto ó correo do colexio, ou nun pen drive cando se retomen as clases para logo facer unha publicación do bo aproveitamento do tempo que fixeron as familias do CEIP Doutor Suárez.

No caso de que fagades algún material para xogar ou figuras de papiroflexia podedes traelo ó colexio cando se retomen as clases e faremos unha exposición con todos os traballos

Moitas gracias,
Estamos en contacto
LUCIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario