Chegou a nosa última clase do confinamento, espero que aínda así sigades facendo moita actividade física.
Quería antes de comezar darvos as gracias pola boa resposta que tivestes ás clases e polo esforzo de gravar e enviar todos os vídeos.
Espero que vos guste a clase!
Sesión para infantil, 1º e 2º:
Segunda parte do conto motor "A Casa de Josefina"
Sesión para 3º, 4º, 5º e 6º:
Por último, decirvos que me pon moi triste non poder despedirme de vós, regalástesme moi bos momentos no cole de Fornelos, encantoume traballar con vós. Prométovos que cando poida irei a visitarvos.
Pd: como sempre podedes mandarme os vosos vídeos e fotos ó correo luciareymiguez@gmail.com ou se tendes problemas co correo ó WhatsApp do cole: 667352980 GRACIASSSS! Moitos bicos
Xa está listo un novo vídeo voso, canto nos gusta a todos/as vervos traballar, a min desde logo encántame, estou orgullosísima de vós e das vosas familias que están colaborando un montón, gracias!!
Entramos no mes de xuño, recta final deste curso!!
Xa traballastes mogollón, e polo tanto a semana que ven será a última que colgue clases para realizar e enviar. O luns subirei un video resumo das vosas clases 8, 9 e 10, como sempre se alguén non quere saír que me escriba un correo.
Nesta clase decidín propoñervos facer xogos con algo que empregamos nas festas de cumple e que nos gusta mogollón xogar con eles, si si, creo que acertartes, imos a xogar con globos!!
Estes son os xogos que vos propoño:
Pd: se alguén non ten globos tamén se pode facer inflando bolsas de conxelar con cierre e pechandoas ben.
Espero que o pasedes moi ben e que me mandedes os vosos vídeos ou fotos xogando ó meu correo: luciareymiguez@gmail.com
Espero que vos gustara o vídeo das vosas clases, a min encántame vervos.
Se alguén non o veu está na entrada anterior titulada Sorpresaa!
Espero que co bo tempo a vosa gana de abandonar o sofá e a play station aumente e decidades ir para fóra a divertirvos. Algúns xa vin que si, que envidia (sana) me destes con eses vídeos e fotos nadando e facendo volteretas nas vosas piscinas, pasádelo pipa e facedes exercicio 👏👏 moi ben!!
Aproveito tamén para comentarvos que para a clase da semana que vén imos a empregar globos, polo que os que non teñades na casa, se podedes comprade 3 ou 4, senón a clase pode facerse tamén cunha bolsa de conxelar con cierre inchada pero cun globo é máis fácil para os nenos/as.
Imos entón coa sesión desta semana, a maioría dos exercicios podedes facelos fóra se queredes, eu fixen uns dentro e outros fóra para que vexades que se poden facer en ambos sitios.
QUECEMENTO:(para todas as idades)
"Pincho moruno"
Este xogo tamén o podedes facer no exterior
PARTE PRINCIPAL:
Proposta para Infantil, 1º e 2º: (2 exercicios) Exercicio 1: "Conduce o balón"
Exercicio 2: "O billar"
Proposta para 3º, 4º, 5º e 6º: (2 exercicios) Exercicio 1: "Conduce o balón"
Deixovos un vídeo resumo das clases que me fostes mandando.
Como sempre darvos as gracias a todos os que participades, faime moita moita ilusión ver cada vídeo que recibo e tamén ler as vosas mensaxes de ánimo e agradecemento.
Un beso grande a todos e todas os meus alumnos e alumnas que os boto moito de menos.
Aínda que hoxe non toca educación física, mándovos un vídeo para animarvos a facer actividade física sempre que poidades, é moi sano e moi beneficioso para o noso corpo e a nosa mente.
Tamén aproveito para comentarvos que mañán publicarei un vídeo motivador cos vídeos que me mandastes das clases 5, 6 e 7, se algún alumno/a ou familiar non quere saír nos vídeos que me mande un correo comunicándomo e non publicarei o seu vídeo.
Como sabedes é algo motivador e para que vexades ós/as vos@s compañeir@s e en nigún caso quero facer sentir mal a ninguén, polo tanto contactade conmigo se alguén o precisa.
Que tal estades? Espero que moi ben, o bo tempo sempre nos trae alegría.
Recordade que hai que facer as clases e envialas, todas as materias son importantes.
Xa sei que moitos de vós corredes e saltades pola finca, ides a dar paseos, etc., eso está xenial, é maravilloso, pero non exime de facer a clase de educación física na que se traballan outras cousas moi importantes para o desenvolvemento do noso corpo como a coordinación, a propiocepción, o equilibrio, a velocidade de reacción, etc. Imos coa sesión desta semana, a ver se vos gusta:
QUECEMENTO:
"Toca o número, letra ou cor"
Variantes por idade: Infantil: números e cores 1º e 2º: números, letras e cores 3º e 4º: números, letras e operacións sinxelas (sumas, restas) 5º e 6º: números, letras, cores e operacións (resta, multiplicación, división) Pd: Se algún neno/a quere probar con variantes de algún curso superior pode. Se non tendes quen faga a actividade con vós podedes poñer números en papeliños, doblalos e mezclalos e logo ir abrindo de un en un.
PARTE PRINCIPAL:
Proposta para Infantil, 1º e 2º: "transporta o rolo"
Proposta para 3º e 4º, 5º e 6º: "Circuíto de orientación" (Se non tendes quen faga a actividade con vós podedes facer a actividade de transportar o rolo)
Se tendes problema co envío de fotos e vídeos por correo electrónico contactade conmigo igualmente que buscamos unha solución para o envío a través de plataformas como we transfer ou WhatsApp.